ELENA FERNÁNDEZ ZAS

Comeza os seus estudos de viola no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, continuando a súa formación no Conservatorio Superior de Música da Coruña baixo a tutela do profesor Sergio Sieiro. Á súa vez recibiu clases con Eugenia Petrova e Jeffrey Carl Johnson, ambos os dous membros da Orquestra Sinfónica de Galicia.

 

Participou en diversos cursos e clases maxistrais con profesores como Jürgen Kussmaul, Luís Magín, Yuval Gotlivovich, Raymond Arteaga, Miguel Da Silva, Roberto Valdés, entre outros. En 2016 comeza a estudar piano no Conservatorio Superior da Coruña, recibindo clases privadas coa profesora Irina Moryatova, así como clases maxistrais con Ivan Klansky e Katia Veekmans. Tocou con orquestras como a OJSG.