ELENA DOMÍNGUEZ CRIADO

Nace en Cáceres en 1991, onde comeza os seus estudos musicais de violoncello aos 7 anos. Finaliza a súa formación de Grao Superior en Badaxoz baixo a tutela de Pablo de Naverán no ano 2014. Recibiu clases maxistrais de profesores como Ángel García Jermann, David Cohen, Daniel Grosgurin ou Jed Barahal. Forma parte da agrupación de música contemporánea Container Ensemble; e foi membro titular da Orquesta Joven de Extremadura entre os anos 2008 e 2018. Ademais, colabora habitualmente como reforzo na Orquesta de Extremadura desde o ano 2014. Colaborou tamén con outras agrupacións como a Orquesta de Ávila, Orquesta Sinfónica Verum, Neue Philarmonie München ou Internationale Junge Orchesterakademie.