EDUARDO GRACIA GARCÍA

Nace en Zaragoza en 1995. Iniciou os seus estudos musicais á idade de 8 anos no Conservatorio Profesional de Música de Tarazona con Luís Felipe Gracia, finalizando con matrícula de honra en 2013. Posteriormente ingresou no Conservatorio Superior de Música de Aragón, concluíndo os seus estudos en 2018 con Rubén Marqués e Arturo García.

 

Ten formado parte e colaborado con orquestras como a Orquesta Sinfónica Ciudad de Zaragoza, Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, Wind Orchestra Zaragoza, Banda de la Diputación Provincial de Zaragoza... En 2013 foi finalista no Concurso “Juventudes Musicales de España”. En 2010 obtivo o 2º Premio no  Concurso para Jóvenes Intérpretes organizado pola Fundación FIDAH.