DIEGO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Comezou os seus estudos en Salceda de Caselas, a súa vila natal. Ao longo da súa carreira foi membro de diferentes orquestras sinfónicas como a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, Orquesta Joven de Extremadura, Orquesta Joven de Soria, Orquesta JMJ ou a Orquestra de Cámara Galega. Ten recibido cursos da man de fagotistas como Guillermo Salcedo, Mª José Rielo, Juan Sapiña e David Tomàs Realp. En 2017/2018 realizou o seu último curso de Grao Superior no Conservatorium Van Amsterdam co profesor Simmon Van Holen, recibindo tamén clases do mestre Gustavo Núñez (fagot solista da Royal Concertgebow). Durante a súa estadía en Holanda foi membro da Nationaal Jeugd Orkest (NJO).