DANIEL SOLÍS GARCÍA

Nacido en Avilés (Asturias) o 2 de xullo de 1996, comezou os seus estudos de música no Conservatorio Profesional de Avilés e continuou no Conservatorio Superior de Oviedo. Á súa vez recibiu clases de fagotistas como Vincenzo Menguini e Vicente Mascarell, entre outros. Participou nalgunhas orquestras como a EUYWO, Oviedo Filarmonía e Orquesta Sinfónica de León “Odón Alonso”.