Daniel Rodríguez - Violín

Nado no ano 2000, comeza os sus estudos musicais aos oito anos. Remata o Grao Profesional no Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo coa profesora Carmen Varela, obtendo o Premio Fin de Grao. Continúa os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música da Coruña, compaxinándoos durante tres anos co Curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais co profesor Grigori Nedobora.

Participou en orquestras xóvenes como a Joven Orquesta Leonesa. Actualmente é membro da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, Orquestra Gaos e da Orquestra de Cámara Galega.