CURRO PASTOR GUILES

Comeza a estudar violoncello en Málaga. Obtén o Título Superior de Música no Conservatorio Superior de Málaga e no de Aragón. Continúa en ArtEZ Zwolle e Codarts WMDC estudando música clásica hindustaní. Mantén unha investigación artística interpretativa con proxectos de jazz, músicas do mundo e música de cámara.

 

Integra o “Cuarteto Lunático", gañador do I Certame de Cámara en Benagalbón. Pertenceu á JOPMA, JOBA, OJA e ten colaborado con orquestras profesionais como a OSPM e OCAL. Desenvolve as súas tres ramas profesionais: a pedagoxía (profesor do CPM de Huelva en xuño de 2019), a produción e colaboración musical (Festival Sulayr de Granada en agosto de 2019) e unha progresiva especializacion orquestral.