CLARA PEDREGOSA NIETO

Natural de Granada, comeza os seus estudos musicais á idade de 6 anos co profesor Berj Papazian. Remata os estudos de Grao Superior no RCSM “Victoria Eugenia” de Granada baixo a tutela da violinista Ana Luque. En 2020 obtén o título de Máster de interpretación de violín polo “Conservatoire Royal” de Bruxelas coa profesora Ning Kam. Recibiu clases maxistrais de profesores como Andras Cziffra, David Mata, Kevork Mardirossian, Fabián López, Joseph Swensen, Friedemann Breulinger, Zahkar Bron, Erin Keefe ou Liza Ferschtman.

 

Foi membro de diversas orquestras como a Nova Orquestra Nacional de Holanda, Young European Strings Camerata, Orquesta Filarmonía de Granada ou a Joven Orquesta de Andalucía, sendo concertino destas dúas últimas en diversas ocasións. Ademais, colaborou con Orquesta Ciudad de Granada e Kheops Ensemble. Actualmente forma parte da bolsa de traballo da Orquesta Sinfónica de Navarra.