CLARA MARTÍNEZ VIRSEDA

Natural de Madrid, comeza os seus estudos de violoncello aos 7 anos coa profesora María Casado. Cursa o Grao Profesional co profesor Jorge Pozas e o Grao Superior co profesor Ángel García Jermann no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Completa os seus estudos no Máster en Música de Conxunto do Conservatorio Superior de Música de Aragón co profesor Fernando Arias.

 

Foi membro de varias novas orquestras como a la Joven Orquesta de Madrid ou a Joven Orquesta de las Islas Canarias. Ten realizado proxectos coa Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid  e a Orquestra Real do Concertgebouw de Ámsterdam.

 

Na actualidade cursa o posgrao en especialización orquestral da Real Filharmonía de Galicia co profesor Plamen Velev.