CELIA CARABIAS COLLADO

Nace en Salamanca, onde cursa estudos de Grao Profesional e Medio co profesor Juan Mesana. Continúa a súa formación no Conservatorio Superior de Música de Castilla y León baixo a tutela de Iván Martín Mateu. Estuda Máster en Ensinos Artísticos de Estudos Orquestrais en MUSIKENE cos profesores Natalia Tchitch, David Quiggle e Karsten Dobers. Recibiu clases de Yuval Gotlibovich, Alejandro Bustamante, Thomas Riebl e José Manuel Román, entre outros. Formou parte de varias orquestras novas como Ljubljana International Orchestra, National Jeugd Orkest, ou a Joven Orquesta de Castilla y León. A nivel profesional, colaborou coa Orquesta Sinfónica de Euskadi.