CARMEN RAMÍREZ CAMPOS

Natural de Madrid, comeza os seus estudos de violoncello á idade de 5 anos. Cursa o Grao Profesional con Álvaro Huertas e continúa os seus estudos superiores no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Iagoba Fanlo. Remata o Grao Superior no Centro Superior Katarina Gurska con Michal Dmochowski.

 

Foi membro da Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid e actualmente da Joven Orquesta de Extremadura, ademais de tocar como convidada noutras orquestras novas. Ten participado coa Orquesta de Radio Televisión Española e outras orquestras como a Orquesta Clásica Santa Cecilia e Orquesta Filarmónica de España.

 

Na actualidade cursa o posgrao en Especialización Orquestral da Real Filharmonía de Galicia con Barbara Switalska.