Carlos López - Trompeta

Nace en Lugo no ano 2000 e comeza os seus estudos de trompeta á idade de oito anos no Conservatorio Profesional de Música de Lugo con José Corral Muñiz. Continúa os seus estudos superiores cos profesores Adolfo Caride Rodríguez e Javier Viceiro Filgueira no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde recentemente se gradutou obtendo o premio extraordinario no curso 2021-2022. Tamén neste ano foi seleccionado para participar nos XVII premios á excelencia musical Mans Futuro 2022.


Na actualidade compaxina os estudos de posgrao en especialización orquestral da Real Filharmonía de Galicia co profesor Javier Simó, cun máster en investigación musical.