CARLA ALONSO BORREGO

Naceu en Madrid en 1997. Comezou os estudos de violín aso catro anos co profesor Sergio Castro na Escuela de Música CEDAM en Madrid. Posteriormente continuou a súa formación con Sergey Fatkulin. Actualmente está a estudar o Máster de Perfeccionamento en Sibelius Academy, co profesor Tero Latvala. Estudou na Escuela Superior de Música Reina Sofía desde 2015 até 2018, na Cátedra de Violín Telefónica co profesor Marco Rizzi e na Escola Superior de Música Katarina Gurska desde 2018 até 2019 co profesor Sergey Teslya. Foi membro da Nova Orquestra da Unión Europea (EUYO) en 2019 e da Gustav Mahler Jugendorchester (GMJO) en 2021. Actualmente continúa a súa formación no Curso Avanzado de Especialización Orquestral na EAEM.