Belén Carril - Fagot

Belén Carril Miguéns nace no ano 1997 en Padrón e aos 9 anos ingresa no CMUS Santiago de Compostela onde remata os seus estudos no 2017 da man do mestre Álex Valcárcel cun premio de fin de grao. A continuación comeza o grao superior no CSMVigo e remata no 2022 co profesor Óscar Araújo. Durante o 2021 e 2022 foi becada para a realizar un Erasmus no Conservatorio Giuseppe Verdi de Milán co mestre Paolo Biagini e entre o 2020 e 2021 estuda o curso de especialización orquestral con Manuel Veiga. Gañou varios premios en concursos de fagot e recibiu clases con mestres como Giorgio Mandolesi ou Steve Harriswangler. Así mesmo tocou con orquestras como a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia ou a Orquestra Vigo 430, entre outras.