AYSE YAVUZ

Naceu en Adana, Turquía en 1995. Comezou a tomar clases de violín aos 9 anos. Estudou no Conservatorio Estatal da Universidade de Çukurova e no Conservatorio Estatal da Universidade de Trakya. Participou na Orquestra de Cámara Trakya, Dogus Children´s Symphony Orchestra e TUGFO  (Nova Orquestra Nacional de Turquía). Recibiu clases maxistrais de profesores como Angel Stankov, Jano Lisboa, Beste Tiknaz Modiri, Rivka Golani e Carlo Costalbano. Participou no Festival Internacional da Academia de Música Clásica Çesme, Turquía. Estudou co profesor Francesc Gaya no Conservatorio Superior de Música “Joaquín Rodrigo” de Valencia. Deu concertos coa Orquestra de Cámara de Eutherpe. Foi membro da Orquesta Filarmónica de la Universidad de Valencia.