ANDRÉS FERNÁNDEZ DE MERA DE LA PEÑA

Nace en Torralba de Calatrava, Cidade Real, onde comeza os seus estudos musicais con 8 anos. En 2018 remata a súa formación superior no Conservatorio Superior de Música de Castilla y León (Salamanca) na clase de Patricio Gutiérrez.

 

Participou en cursos de perfeccionamento musical, recibindo clases de mestres como Marco Rizzi, Elisabeth Weber, Christian Ostertag ou Sebastian Schmidt. No ámbito orquestral ten participado tanto en distintas orquestras novas como en proxectos de orquestras profesionais, colaborando no Proyecto Ibérico Orquestal que organiza a OSCYL.

 

Formou parte de agrupacións de música de cámara, principalmente en cuarteto de corda e trío con piano, obtendo con este último o primeiro premio do Concurso de Música de Cámara de la Ciudad de Salamanca en 2017.