ANA REPRESAS CATALÁN

Nace no ano 2000 e con oito anos ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro co violoncello. En 2012 pasa a formar parte da Orquestra de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia, na que tocou como solista tres anos despois; e en 2016 ingresou na Orquestra Nova do mesmo proxecto. Continuou a súa formación con David Etheve, violoncello principal da Orquestra Sinfónica de Galicia. Nese mesmo ano accede aos estudos superiores no Conservatorio Superior de Música da Coruña e á Escola de Altos Estudos Musicais. Remata a carreira e realiza, con 21 anos, o seu primeiro máster no Conservatorio Superior del Liceu con Lluís Claret. Actualmente foi admitida para cursar o posgrao da Real Filharmonía de Galicia.