Ana Lasaosa - Violín

Nada en Logroño, comeza os seus estudos musicais con catro anos. Remata o Grao Profesional no Conservatorio de Música de Logroño co profesor Jesús Ubis. Cursa o Grao Superior no Conservatorio Superior de Navarra co profesor Cristian Ifrim, onde finaliza con máximas calificacións e o Premio "Fin de Carreira". Realiza estudos de máster en interpretación en Codarts Hogeschool voor de Kunsten (Rotterdam, Países Baixos) co profesor Hed Yaron-Meyerson. Forma parte de varias agrupacións como Rioja Filharmonía, a JONDE desde 2018 e de Gustav Mahler Jugendorchester desde 2022. Colabora coa Orquestra Sinfónica de Tenerife e a Orquestra Gulbenkian (Lisboa) desde 2022.