AMPARO CÁNOVAS RAMOS

Natural de San Javier (Murcia), comeza a súa formación musical no Conservatorio Profesional de San Javier, onde remata o grao medio baixo a tutela do violinista Rafael Kechabyan. Continúa os seus estudos coa profesora Olga Vilkomirskaia no Conservatorio Superior de Badajoz e co profesor Yossif Ivanov no Koninklijk Conservatorium Brussel, onde obtén a titulación de Máster en interpretación.

 

Recibiu clases maxistrais de Shirly Laub, Joaquín Torre, Miriam Fried e Katalin Kokas, entre outros. Pertence á Orquesta Joven de Extremadura e foi titular da Orquesta de Jóvenes de la Región de Murcia. Tamén colaborou coa Orquesta Oviedo Filarmonía e coa orquestra de corda “Cammerata”.