ÁLVARO GODOY USÓ

Álvaro Godoy (1998 Gandía-Valencia), comeza os estudos de viola na Sociedad Musical Artística de Buñol (Valencia), obtendo en 2020 o título superior de interpretación no Conservatorio “Joaquín Rodrigo” de Valencia. Asiste a clases maxistrais cos profesores Wilfried Strehle, Francisco Llopis, Joaquín Riquelme, José Manuel Román, Pilar Marín, David Fons, Julia Hu e Sergio Sáez. Obtén diferentes premios como o Primeiro Premio absoluto no Concurso de solistas “Luis Ayllón”, Primeiro premio en Música de cámara do Conservatorio Profesional de Oliva (Valencia), Primeiro Premio absoluto no Concurso internacional de Lliria (Valencia), Primeiro Premio absoluto do concurso internacional de música de cámara de Montserrat (Valencia). Do 2015 ao 2017 actúa como viola solista da Joven Orquesta de la Comunidad Valenciana (JORVAL). En 2021 é seleccionado como membro reserva da European Union Youth Orchestra EUYO 2021-22.