AITOR PORTA VALERO

Nace en l´Alcúdia (Valencia) en 1994. Obtén o grao profesional no Centro Profesional de Música de l´Alcúdia, baixo a tutela de Enrique González. En 2016 obtén a licenciatura no Conservatorio Superior de Música “Óscar Esplá” de Alacante, cos profesores José Antonio Antolín e Ricardo Sales.

 

Posteriormente obtén o título de Máster en Interpretación Solista no “Katarina Gurska” de Madrid como alumno de José Chanzá. Recibiu clases de mestres como Bernardo Cifres, Markus Maskuniitty, Eric Terwilliger ou José Miguel Asensi. Colaborou con orquestras profesionais como a Orquesta Reino de Aragón ou a Orquesta de Radio Televisión Española; e foi membro de distintas orquestras novas como JOGV, JOSC e JORCAM.