A violinista Birgit Kolar ofrece clases maxistrais na EAEM

luns, 28 Novembro, 2022

Con motivo da súa visita a Santiago para ofrecer un concerto coa Real Filharmonía de Galicia, a recoñecida violinista Birgit Kolar impartirá clases maxistrais durante os días 29 e 30 de novembro na Escola de Altos Estudos Musicais.

 

Estas clases serán o martes 29 de 10h a 14h e de 15h a 18h, e o mércores 30 de 15h a 17h e de 17h a 18h. En ambos días o primeiro período é para estudantes do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

 

Kolar ten unha ampla experiencia como concertino e como solista, ofrecendo concertos en varios festivais europeos, sudamericanos ou xaponeses.

 

Como concertino tamén foi convidada a diversas orquestras europeas, como a Orquestra Estatal de Baviera (Münchner Staatsoper), a Orquestra Sinfónica do Gran Teatre do Liceu, a Orquestra Filharmónica da BBC, a Orquestra Filharmónica de Bergen, a Orquestra Filharmónica de Copenhagen, e regularmente coa Orquestra Filharmónica de Viena.