Reunión do Consello Académico do CAEO

mércores, 22 Setembro, 2021

O Consello Académico do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) reuniuse esta mañá para aprobar a programación do curso 2021-2022. Na xuntanza participaron Luis Costa, profesor da EAEM; Martín Leránoz, profesor da Universidade de Santiago; Víctor Arce, vicerreitor de Estudantes e Proxección Internacional; Enrique Meyer, xefe de estudos da EAEM; María José López, vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional; e Maximino Zumalave, director asociado da EAEM.