Resultados das probas de admisión do CEI. Admitidos e listas de espera

venres, 9 Xuño, 2017

A EAEM organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental. Diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión. 

 

O curso académico comeza no mes de outubro de 2017 e remata en xuño de 2017. Búscase o perfeccionamento instrumental da especialidade elixida, a través de 15 horas de clase individual repartidas ao longo do curso. Ademais, durante o ano organizaranse diferentes actividades de práctica de conxunto, co que os participantes terán a oportunidade de ofrecer concertos públicos. 

 

Antes do 27 de setembro de 2017 actualizaranse as listas de espera, especialmente nas especialidades de viola, violín e violoncello.

 

Máis información