PROBAS DO CAEO. MOI IMPORTANTE

venres, 8 Maio, 2020

A Dirección do centro decidiu prorrogar os prazos para a inscrición do curso ata o 7 de agosto e trasladar as probas aos días 14, 15, 16, 17 e 18 de setembro.

 

Xúntase resolución da ampliación do prazo e cambio de datas das probas.

 

A lista definitiva de admitidos para as probas publicarase o 11 de agosto.

 

 

En relación coa certificación de ter rematados os seus estudos superiores:

 

Debido ao estado actual de alerta sanitaria, os candidatos a participar no Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2020-2021 (CAEO) poderán achegar un documento ou escrito persoal (con data e sinatura) no que manifesten a súa situación académica (finalización de estudos superiores ou ben en proceso de finalización) na documentación que se debe presentar para as probas de acceso.

 

Máis información

Documentos relacionados: