Os alumnos do Curso de Corda para nenos ofrecerán un concerto o sábado 14 de maio

Concerto do Curso de Corda
mércores, 11 Maio, 2022

O vindeiro sábado 14 de maio os alumnos do Curso de Corda para Nenos ofrecerán na Escola de Alto Estudos Musicais desde as 12.30h un concerto con todo o aprendido durante os últimos meses.

 

Neste concerto, de 90 minutos de duración ofreceranse primeiro interpretacións solistas para a posteriori dar un concerto de obras de concerto de cámara.

 

No documento anexo podes consultar o programa do concerto.

 

Os alumnos participantes serán:

Violíns: Gonzalo Rodríguez, Héctor Castelló, Sofía Quinteiro, Lidia Rodríguez, Raquel Aydillo, Valeria Fernández, Sofía Piñeiro

Violoncellos: Pablo Posse, Thai Leonor Otero, Clara Montero

Documentos relacionados: