O violoncellista canario Ángel Luis Quintana, na Escola

mércores, 24 Abril, 2019

O violoncellista canario Ángel Luis Quintana impartiu clases maxistrais na Escola. Ademais dos alumnos do centro, tamén asistiron músicos externos. 

 

Profesor no Conservatorio de Rótterdam

 

Ángel Luis Quintana naceu en Las Palmas de Gran Canaria, onde comezou os seus estudos musicais. Continuou a súa formación en Madrid, na Escuela Superior de Música Reina Sofía. Formouse con mestres do talle do músico ruso Mstislav Rostropóvich, considerado o mellor violoncellista da súa xeración.

 

Conta con numerosos galardóns para o seu instrumento. Foi solista da Orquesta de RTVE e da Orquesta de Cámara Reina Sofía, profesor do Conservatorio de Guadalajara e profesor asistente na Escuela Reina Sofía. Na actualidade é solista da Orquesta Nacional de España, profesor do Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e profesor convidado do Conservatorio de Rótterdam. Dende 2013 é profesor do Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela”.

 

Participa con regularidade nos máis prestixiosos ciclos de música de cámara e colabora como solista con algunhas das orquestras e agrupacións máis relevantes. Toca un violoncello J. Guadagnini “Il Soldato“ do ano 1800, cedido pola Fundación Columbus.