O violoncellista Ángel Luis Quintana apraza as súas clases na Escola para o 3 de maio

martes, 30 Outubro, 2018

O violoncellista canario Ángel Luis Quintana tiña previsto impartir clases maxistrais na Escola o 18 de decembro. A sesión aprázase ata o vindeiro 3 de maio de 2019. As clases van dirixidas tanto a estudantes do centro como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento.