O violinista Teimuraz Janikashvili substitúe a Mariana Todorova nas clases maxistrais

mércores, 27 Febreiro, 2019

O violinista Teimuraz Janikashvili vai substituír a Mariana Todorova nas clases maxistrais que se van impartir na Escola de Altos Estudos Musicais os días 23 e 26 de abril. A violinista tivo que cancelar a súa participación nestas sesións.

 

O profesor da EAEM e principal de segundos violíns da Real Filharmonía de Galicia Grigori Nedobora salienta que Teimuraz Janikashvili “é un gran violinista xeorxiano, alumno de célebres mestres rusos como Maya Glezarova e Irina Bochkova e estou convenido de que a clase con el será unha fonte de inspiración e aprendizaxe para xoves violinistas”.

 

Ademais dos alumnos do centro, tamén poden asistir a estas clases músicos externos. Os interesados poderán matricularse a través da páxina web da EAEM. Os aspirantes deben estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

 

Inscrición