O recoñecido frautista francés Matthieu Gauci-Ancelin impartiu clases maxistrais na Escola

luns, 25 Outubro, 2021

O frautista Matthieu Gauci-Ancelin impartiu clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais. Ademais dos alumnos do centro, tamén asistiron músicos externos.

 

Toca con grandes orquestras e directores

 

Nacido en París, Matthieu Gauci-Ancelin comezou a tocar a frauta aos oito anos. Estudou no Conservatorio de París. Foi frautista principal da Ópera Cómica de Berlín e da Xove Orquestra Gustav Mahler. Tamén integrou a Filharmónica de Berlín e foi membro da Academia Karajan de Berlín. É profesor de frauta na Universidade de Música de Graz (Austria) e na Escola de Música Hanns Eisler de Berlín. 

 

Colabora con regularidade coa Filharmónica de Berlín como principal frautista convidado. Toca ademais coa Sinfónica de Londres, Filharmónica de Múnic, Orquestra de Dresdre e Orquestra Estatal de Berlín, entre outras.

 

Ten tocado baixo a batuta de directores tan aplaudidos como Claudio Abbado, Daniel Barenboim, Gustavo Dudamel, Mariss Jansons, Lorin Maazel, Mstislav Rostropóvich ou Sir Simon Rattle. Ademais da súa actividade orquestral, aparece a miúdo como solista con grandes agrupacións.