O recoñecido frautista francés Matthieu Gauci-Ancelin impartirá clases maxistrais na Escola

martes, 5 Novembro, 2019

O frautista Matthieu Gauci-Ancelin vai impartir clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais os días 14 e 15 de novembro. Ademais dos alumnos do centro, tamén poden asistir músicos externos. Os interesados deberán matricularse a través da páxina web da Escola. Os aspirantes teñen que estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

 

Toca con grandes orquestras e directores

 

Nacido en París, Matthieu Gauci-Ancelin comezou a tocar a frauta aos oito anos. Estudou no Conservatorio de París. Foi frautista principal da Ópera Cómica de Berlín e da Xove Orquestra Gustav Mahler. Tamén integrou a Filharmónica de Berlín e foi membro da Academia Karajan de Berlín. Dende o ano 2017 é profesor da Escola de Música Hanns Eisler de Berlín. 

 

Colabora con regularidade coa Filharmónica de Berlín como principal frautista convidado. Toca ademais coa Sinfónica de Londres, Filharmónica de Múnic, Orquestra de Dresdre e Orquestra Estatal de Berlín, entre outras.

 

Ten tocado baixo a batuta de directores tan aplaudidos como Claudio Abbado, Daniel Barenboim, Gustavo Dudamel, Mariss Jansons, Lorin Maazel, Mstislav Rostropóvich ou Sir Simon Rattle. Ademais da súa actividade orquestral, aparece a miúdo como solista con grandes agrupacións.

 

Inscrición