O Grupo de Percusión da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá un concerto de cámara este xoves

martes, 14 Xuño, 2022

O Grupo de Percusión da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá no auditorio da Escola o vindeiro xoves ás 13h un concerto de cámara con obras de Georg Friedrich Händel, Hans-Günter Brodmann, Masao Endo, Joseph Celli, Claude Debussy e Eckhard Kopetzki.

 

O concerto, que terá entrada libre ata completar cabida, terá como intérpretes a Sergio Sanchís (alumno do Curso Avanzado de Especialización Orquestral), Gael Alberto e Matías Munín (alumnos do Curso de Especialización Instrumental) e Juan A. Vázquez (ex-alumno do CAEO). Iñaki Martín será o profesor.

Documentos relacionados: