O fagotista Santiago López, na EAEM

luns, 18 Febreiro, 2019

O fagotista Santiago López ofreceu clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais. Ademais dos alumnos do centro, tamén asistiron músicos externos. 

 

Formouse en Alemaña e en Italia

 

Santiago López é na actualidade fagot solista da Orquesta Sinfónica de Bilbao. Bolseiro da Fundación Pedro Barrié de la Maza, realiza os seus estudos no Conservatorio Richard Strauss de Múnic co profesor Marco Postinghel. Así mesmo, fórmase con mestres do talle de Sergio Azzolini e Gabor Meszaros, entre outros.

 

Participa na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) e na Academia Gustav Mahler na cidade italiana de Ferrara. Colabora habitualmente con orquestras como a Sinfónica de Múnic, Simfònica del Gran Teatre del Liceu de Barcelona, Sinfónica de Galicia, Orquesta Filarmónica de Gran Canaria ou a Real Filharmonía de Galicia.

 

Ten participado en xiras por Europa e Asia, con directores como Fabio Luisi, Eliahu Inbal, Bertrand de Billy, Vasily Petrenko, Sir Mark Elder ou Rafael Frühbeck de Burgos. Realiza gravacións para os selos discográficos Deutsche Grammophon, Sony e Thorofon.