O alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral ofrecen os seus concertos de fin de curso

Maximino Zumalave cos alumnos do curso 2020-2021
xoves, 2 Xuño, 2022

Os alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral ofrecerán os días 6, 7, 8, 13, 14, 15 e 17 de xuño no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (situado na Facultade de Historia) concertos de cámara con obras solistas de autores coñecidos acompañados de piano. Todos os concertos serán ás 20.30h con entrada libre ata completar cabida. Será dentro do ciclo de concertos 'A Escola na Cidade'.

 

Ademais, o xoves 16 no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia acompañará os alumnos seleccionados do CAEO nun concerto con obras de Wolfgang Amadeus Mozart, Johann Nepomuk Hummel, Piotr Ilyich Tchaikovsky, Pablo de Sarasate e Giovanni Bottesini. O concerto estará dirixido por Maximino Zumalave.



Concertos solistas
O primeiro dos concertos será o luns 6 de xuño con Ayse Yavuz (viola), Roberto Bolaño (trompeta) e Julia Filón (violín) quen interpretarán obras de Dobrinka Tabakova, Franz Joseph Haydn, George Enesco e Wolfgang Amadeus Mozart. Ao día seguinte Carla Alonso (violín) e Álvaro Godoy (viola) ofrecerán a música de Mozart, Piotr Ilyich Tchaikovsky, Serge Prokofiev, Johann Nepomuk Hummel e Max Bruch.

 

O mércores 8 de xuño será a quenda de Pau Fogás (violín), Julia Filón (violín), Marcos Vázquez (contrabaixo) e Ayse Yavuz (viola) con obras de Piotr Ilyich Tchaikovsky, Pablo de Sarasate, Ludwig van Beethoven, Karl Ditters von Dittersdorf, Giovanni Bottesini e Wolfgang Amadeus Mozart.

 

A segunda semana de concertos comezará co concerto de Carmen Diego (violoncello), Ruth Santiago (óboe) e Tonio Comesaña o 13 de xuño interpretando a Johannes Brahms, Wolfgang Amadeus Mozart, Igor Stravinsky, Clara Wieck Schumann e Leonard Bernstein. O día seguinte terán a oportunidade Marta Balsa (fagot), Cristina Pati (frauta) e Sergio Sánchez (trompa) con obras de Willson Osborne, Carl Maria von Weber, Franz Schubert, Cécile Chaminade, Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Strauss.

 

O mércores 15 Ana Represas (violoncello), Daniela Lewysohn (violín) e Natalia Hernantes (violín) interpretarán obras de Franz Joseph Haydn, Robert Schumann, Johann Sebastian Bach, Jean Sibelius, Wolfgang Amadeus Mozart, Eugène Ysaÿe e Piotr Ilyich. Para rematar, o venres 17 serán Sergio Sanchís (percusión) e Estefanía del Barrio (violín) quen finalicen este ciclo de concertos con Johann Sebastian Bach, Áskel Masson, Antonio Pasculli, Philip Glass, Nicolò Paganini, Jean Sibelius e Salvador Brotons.