Matías Piñeira e Damián Arenas imparten clases maxistrais na EAEM

mércores, 14 Decembro, 2022

O trompista Matías Piñeira e o contrabaixista Damián Arenas ofrecen as derradeiras clases maxistrais deste 2022 na Escola de Altos Estudos Musicais.

 

Piñeira ofrecerá as súas clases o xoves 15 e venres 16. O primeiro día será de 10h a 14h e de 16h a 20h, sendo as dúas primeiras horas para alumnado do CAEO, e o día 16 as clases serán de 10h a 13h e de 16h a 18h, sendo a primeira hora da mañá tamén para alumnado do CAEO.

 

Pola outra banda, Damián Arenas estará na Escola de Altos Estudos Musicais o venres 16 de 10h a 14h e de 16h a 20h e o sábado 17 de 10h a 12h, sendo as dúas primeiras horas do día 16 e a primeira do 17 destinadas a alumnado do CAEO.