Luis González e Washington Barella ofrecen clases maxistrais na EAEM

mércores, 30 Novembro, 2022

O trompetista Luis González e o oboísta Washington Barella ofrecen os días 1 e 2 de decembro senlla clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais.

 

Por unha parte, Luis González ofrecerá clases o xoves 1 de 19:30h a 21:30h (para alumnado do CAEO) e o venres 2 de 9:30h a 14:30h para alumnado do CAEO, e de 10:30h a 14:30h e 16h a 21h.

 

Pola outra, Washington Barella regresa tamén este día 1 con clases de 10h a 12h para alumnado do CAEO, de 12h a 14h e de 16h a 20h. O venres 2 serán de 10h a 11h, para alumnado do CAEO, e de 11h a 12h e 16h a 19h.