Listado de candidatos da convocatoria extraordinaria do CAEO e horarios das probas

mércores, 14 Setembro, 2022

A Escola de Altos Estudos Musicais fai pública a listaxe de candidatos para a convocatoria extraordinaria das probas de acceso ao Curso Avanzado de Especialización Orquestral para o curso 2022-23. As probas realizaranse o xoves 22 de setembro.

 

No documento anexo pode consultarse tanto os candidatos coma o horario das probas segundo o instrumento. As prazas serán dúas de violín, unha de viola, unha de trompeta e outra de trompa.

 

 

Curso Avanzado de Especialización Orquestral
O curso de posgrao Curso Avanzado de Especialización Orquestral está dirixido a todos aqueles estudantes que finalizaron os seus estudos e teñan como meta poder formar parte dunha orquestra profesional. O curso responde á cada vez mái esixente realidade profesional que conleva unha formación de alto nivel. Amparados polos solistas da Real Filharmonía de Galicia (RFG), os alumnos teñen a oportunidade de estar en contacto directo e traballando con músicos profesionais, adquirindo non só a complexa técnica e a progresiva formación duns criterios musicais propios, senón tamén as ferramentas de relación social e de intercambio de ideas entre os propios instrumentistas e os directores dos diferentes programas.

 

En virtude dun convenio co Consorcio de Santiago, a Universidade de Santiago recoñece como título propio os estudos de posgrao do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, que conducen á obtención do Gran Diploma de Especialización Orquestral.