
As probas do Curso de Especialización Instrumental terán lugar o 15 de maio (Cordas) en horario de tarde e o 21 de maio (ventos e percusión) en horario de mañá.
Os horarios das respectivas especialidades serán publicados unha vez finalice o prazo de inscrición.
CEI
Continuando co seu labor formativo no ámbito territorial e tralo éxito das anteriores edicións, a EAEM convoca a undécima edición do Curso de Especialización Instrumental (CEI), impartido polos profesores titulares da EAEM e dirixido aos estudantes de Galicia en período de formación (non graduados). Preténdese con este curso formar a xoves músicos galegos a partir da experiencia dun profesorado altamente cualificado.