A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece dous novos concertos de 'A Escola na Cidade' no Paraninfo da Universidade de Santiago

Concerto de Abril da Escola na Cidade
venres, 6 Maio, 2022

O alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá os vindeiros mércores 11 e xoves 12 dous novos concertos do programa 'A Escola na Cidade' no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. Ambos os concertos serán ás 20.30h con entrada libre ata completar cabida.

O primeiro concerto, especializado en corda, contará con Estefanía del Barrio (violín I), Daniela Lewysohn (violín II), Ayse Yavuz (viola), Carmen Diego (violoncello) e Marcos Vázquez (contrabaixo) e con Natalia Madisson de profesora. No segundo, do día 12, especializado en vento, estará Sergio Sánchez (trompa), Roberto Bolaño (trompeta) e Javier Fernández (trombón) co profesor Jon Etterbeek.

Os programas que se ofrecerán serán os seguintes:


Mércores 11:
FRANZ SCHUBERT (1797-1828)
Quinteto de cordas en Do maior
Allegro ma non troppo
Adagio
Scherzo
Allegretto

 

Xoves 12:
JOHANN SEBASTIAN BACH (1685-1750)
Fugue II arr. Eberhard Ramm


ERIC EWAZEN (1954-)
A Philarmonic Fanfare


ARCANGELO CORELLI (1653-1713)
Sonata da Chiesa, Opus I, No. III arr. Gabrielle Wojcik
Grave
Allegro
Adagio
Allegro


FRIGYES HIDAS (1928-2007)
Triga

Documentos relacionados: