Eduardo R. Beltrán ofrecerá unha charla na EAEM sobre instrumentos históricos

luns, 23 Xaneiro, 2023

O clarinetista Eduardo R. Beltrán, que visitará a Escola de Altos Estudos Musicais os vindeiros 23 e 24 de febreiro dentro das Clases Maxistrais deste trimestre, ofrecerá unha charla-exposición o vindeiro venres 24 de febreiro, que levará por nome 'Aportes á interpretación desde o punto de vista dos instrumentos históricos'. A conferencia será de 12h a 13h no Auditorio da EAEM e estará aberta ao alumnado.

 

Esta charla constará dunha presentación-exposición dos instrumentos e unha explicación das súas cualidades técnicas, características do son, construtores... todo enfocado á interpretación dos concertos máis importantes do noso repertorio.

 

Ademais, a inscrición para as Clases Maxistrais está xa aberta. Podes informarte na seguinte ligazón.