A EAEM suspende a súa actividade presencial debido ás restricións sanitarias

venres, 29 Xaneiro, 2021

Con motivo das restricións sanitarias vixentes, a EAEM vese obrigada a cancelar todas as súas actividades presenciais. Faio seguindo o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria e en virtude da orde do 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de Sanidade que establece medidas especiais para determinadas actividades.