A EAEM suspende a súa actividade académica en marzo por mor da alerta sanitaria

venres, 13 Marzo, 2020

A EAEM suspende toda a súa actividade académica ao longo do mes de marzo por mor da situación de alerta sanitaria, seguindo as directrices da Xunta de Galicia. Ademais, cancélanse todos os concertos previstos: días 16, 17 e 18 no Paraninfo da Universidade de Santiago e sábado 28 na Escola.

 

Esta circunstancia non afecta aos procesos de inscrición e matriculación nos diferentes cursos da Escola, que deben realizarse, como é habitual, a través da páxina web.