A EAEM presenta a súa oferta de clases maxistrais para febreiro e marzo

mércores, 11 Xaneiro, 2023

A Escola de Altos Estudos Musicais presenta a súa oferta de clases maxistrais para os próximos meses de febreiro e marzo.

 

Estas clases, impartidas por solistas de recoñecido prestixio internacional, realizaranse os próximos meses na sede da Escola para alumnado de violoncello, clarinete, frauta, fagot, violín e viola.

 

Desta maneira, estarán na EAEM o violoncellista Ángel Luis Quintana o 16 e 17 de febreiro, o clarinetista Eduardo R. Beltrán o 23 e 24 de febreiro e a frautista Christina Fassbbender o vindeiro 16 e 17 de marzo. Os días 23 e 24 de marzo coincidirán o fagotista Carlos Tarancón e a violinista Raquel Castro quedando, para o día seguinte 25 de marzo, a violista Yuval Gotlibovich.

 

As clases maxistrais terán horarios reservados para os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

 

A inscrición pode facerse a través da páxina web da EAEM.

 

Máis información.