A EAEM lamenta o falecemento de Antón García Abril

xoves, 18 Marzo, 2021

Onte deixounos o noso querido Antón García Abril, unha gran perda non só no ámbito musical, do que era unha referencia, senón tamén no aspecto humano. Calquera que coñecese ao Mestre podía decatarse desa espontaneidade das persoas afables e extraordinariamente educadas que proxectan un áurea de dignidade que te cativan coma se dun imán tratase.

 

Antón foi Mestre de Composición na EAEM ao longo de 15 anos, un privilexio do que sen dúbida puideron gozar os seus numerosos alumnos e persoas que estivemos ao seu redor durante todos eses anos.

 

O seu legado permanecerá sempre connosco

 

Descansa en paz, Mestre.