Datas de probas do CAEO no mes de xullo

mércores, 20 Abril, 2022

As probas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral terán lugar entre o venres 15 e o domingo 17 de xullo. Verán determinadas polo número de aspirantes inscritos na convocatoria.

 

Unha vez finalizada a fase de inscrición, publicaranse as datas definitivas.

 

Curso Avanzado de Especialización Orquestral
O curso de posgrao Curso Avanzado de Especialización Orquestral está dirixido a todos aqueles estudantes que finalizaron os seus estudos e teñan como meta poder formar parte dunha orquestra profesional. O curso responde á cada vez mái esixente realidade profesional que conleva unha formación de alto nivel. Amparados polos solistas da Real Filharmonía de Galicia (RFG), os alumnos teñen a oportunidade de estar en contacto directo e traballando con músicos profesionais, adquirindo non só a complexa técnica e a progresiva formación duns criterios musicais propios, senón tamén as ferramentas de relación social e de intercambio de ideas entre os propios instrumentistas e os directores dos diferentes programas.

 

En virtude dun convenio co Consorcio de Santiago, a Universidade de Santiago recoñece como título propio os estudos de posgrao do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, que conducen á obtención do Gran Diploma de Especialización Orquestral.

 

Podes atopar máis información nesta ligazón.