Curso de Especialización Instrumental (solicitudes ata o 14 de maio e probas 2 e 3 de xuño)

xoves, 22 Marzo, 2018

A EAEM promove unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental (CEI), dirixido a estudantes de grao medio ou superior, que se celebrará entre outubro de 2018 e xuño de 2019 nas especialidades de violín, viola, violoncelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón e percusión. As solicitudes deberán presentarse ata o 14 de maio a través da web da Escola.

 

As probas de admisión tenrán lugar os días 2 e 3 de xuño. O 16 de maIo publicarase a relación de admitidos para realizar as probas e os horarios pormenorizados das mesmas.


Máis información