Curso de Corda para Nenos (PRAZO: 16 novembro)

martes, 20 Outubro, 2020

A EAEM pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, que comezará en novembro e prolongarase ata maio de 2021. Diríxese a nenos, estudantes de corda, de entre 5 a 14 anos de idade. O centro ofrece 20 prazas, 12 para a especialidade de violín, 4 para a de violoncello, 2 para a de viola e 2 para contrabaixo.

 

As solicitudes deberán presentarse ata o 16 de novembro a través da páxina web da Escola. O 19 de novembro, ás 16:30 horas, realizarase unha audición na sede da EAEM.

 

Máis información