Curso de Corda para Nenos (PRAZO: 15 novembro)

martes, 5 Outubro, 2021

A EAEM pon en marcha unha nova edición do curso de coreda para nenos, que comezará en novembro e se prolongará ata maio de 2022. Diríxese a nenos, estudantes de corda, de entre 5 a 14 anos de idade. O centro ofrece 18 prazas, 12 para a especialidade de violín, 4 para a de violoncello e 2 para a de viola.

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro a través da páxina web da Escola. O 18 de novembro, ás 16:30 horas, realizarase unha audición na sede da EAEM.

 

Máis información