Curso de Corda para Nenos (PRAZO: 14 novembro)

martes, 15 Outubro, 2019

A EAEM pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, que comezará en novembro e prolongarase ata maio de 2020. Diríxese a nenos, estudantes de corda, de entre 5 a 14 anos de idade. O centro ofrece 16 prazas, 12 para a especialidade de violín e 4 para a de violoncello.

 

As solicitudes deberán presentarse ata o 14 de novembro a través da páxina web da Escola. O 21 de novembro, ás 17:30 horas, realizarase unha audición na sede da EAEM.

 

Máis información