Curso de Corda para Nenos

mércores, 19 Setembro, 2018

A EAEM pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, que comezará en novembro e prolongarase ata maio de 2019. Diríxese a nenos, estudantes de corda, de entre 5 a 14 anos de idade. O centro ofrece 16 prazas, 12 para a especialidade de violín e 4 para a de violoncello.

 

Os alumnos interesados en participar neste curso deberán presentar unha solicitude ata o 14 de novembro, a través da páxina web da Escola. Para acceder ao mesmo, o 20 de novembro, ás 16:30 horas, realizarase unha audición na sede da EAEM, onde os aspirantes deberán interpretar unha obra de libre elección.

 

Máis información